publicidade hoxe

A Concellería de Medio Rural ofrecerá mañá unha charla coloquio sobre a Lei de Montes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs PontesLocal
A-
A+

O Concello de As Pontes, mediante o departamento de Medio Rural, está a organizar para a xornada de mañá unha charla adicada a dar a coñecer a nova Lexislación de Montes, posta en marcha pola Xunta de Galicia o pasado mes de agosto.

Dende a concellería que dirixe Antonio Castro optouse por convidar a todo un experto na materia: o actual secretario Xeral da Asociación Sectorial Forestal Galega, Jacobo Feijoo Lamas, que disertará sobre os aspectos máis relevantes da nova lexislación galega sobre montes e que van dende as limitacións e prohibicións para prantar fincas agrarias ata as distancias de prantación e os procedementos de reclamación cando se incumpren.

Jacobo Feijoo tamén dará conta dos lugares nos que, nun futuro, será posible prantar tanto pino coma eucaliptos, a regulación que afecta ao pasto do gando no monte, os prezos da madeira ou as diferentes modificación que afecan aos Montes en Man Común.

Esta actividade estará aberta a toda a cidadanía que decida participar na mesma e, asemade, solventar calquer tipo de dúbida en relación a esta nova normativa.

A charla terá lugar nas dependencias da Casa Dopeso ás 20.00 horas.

15 de maio de 2013 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.