publicidade hoxe

A concellería de emprego abre o vindeiro luns o prazo para inscribirse no curso formativo “carnicería”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

A Concellería de Emprego do Concello de Ferrol, que dirixe Martina Aneiros Barros, abre o vindeiro luns día 3 o prazo de inscrición para o novo curso formativo “Carnicería”. Este novo itinerario de inserción laboral forma parte do proxecto “Ferrol punto de emprego II” posto en marcha pola Administración Local.

O curso terá unha duración de 435 horas en total e desenvolverase al longo de catro meses. A acción formativa contempla varios módulos: formación específica (200 horas),  práctica profesional titorizada en supermercados (210 horas) e formación transversal (25 horas). O módulo formativo dividirase en tres bloques: almacenaxe e expedición de carne e produtos cárnicos, acondicionamento da carne para a súa comercialización, e elaboración de preparados cárnicos frescos. A edil de Emprego sinalou que o obxectivo desta iniciativa é “capacitar para a realización de operacións de valoración de carne, de despece e de preparación e elaboración de produtos e preparados cárnicos, cumprindo a normativa técnico-sanitaria vixente, así como capacitar para a comercialización de produtos cárnicos”. A responsable municipal tamén lembrou que “ Ferrol punto de emprego II”, financiado en parte polo Fondo Social Europeo (FSE), ten como finalidade mellorar a empregabilidade dos colectivos beneficiarios.

O prazo de inscrición estárá aberto ata o venres, día 14 de xuño. As solicitudes pódense presentar no Centro de Emprego do Concello de Ferrol de 9:00 a 14:00 horas, onde se deberá entregar a seguinte documentación: copia do DNI ou NIE, copia actualizada da tarxeta de Demandante de Emprego, volante de empadroamento expedido pola Oficina de Estadística do Concello ferrolán, informe de períodos de inscrición emitido pola Oficina de Emprego Ferrol-Centro, acreditación do nivel formativo e curriculum vitae. O límite de prazas é de 15 persoas.

Requisitos

Esta acción formativa está orientada para persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia e que se atopen empadroadas no termo municipal. Ademais, deberán de pertencer a algún dos seguintes grupos: persoas menores de 30 anos, maiores de 45 anos, ou parados de longa duración (inscritos no Servizo Público de Emprego galego cunha antigüidade superior a 12 meses). Así mesmo, ao que formación se refire deberán de posuír calquera das seguintes titulacións: Graduado Escolar ou ESO.

31 de maio de 2013 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.