publicidade hoxe

A Concellería de Educación únese á celebración do Día do Medio Ambiente cun ciclo de charlas, conferencias e obradoiros para escolares e adultos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

A Concellería de Educación do Concello de Ourense organiza un ciclo de charlas e conferencias e obradoiros para colectivos sociais, centros escolares e público en xeral, con motivo da celebración do Día do Medio Ambiente. Desenvolveranse na Aula de Natureza do río Miño, en Oira, dende o luns, 3, ata o mércores, 5 de xuño.

Este ano o Día Mundial do Medio Ambiente ten como lema “Pensa. Aliméntate. Aforra”. A campaña ten como finalidade principal reducir o desproveito de  alimentos e animar aos cidadáns a pensar antes de alimentarse, e así aforrar para protexer o medio ambiente.

Luns, 3 de xuño. Para centros escolares

10.20 Charla “Nutrición en rapaces e conservación dos alimentos”. Milfhor. Luz Conde, bióloga

11:00 Charla “Agricultura ecolóxica” Bilúrico. Raul Fernández González, licenciado en ciencias ambientales.

11:30 Obradoiro de Agricultura ecolóxica

Martes, 4 de xuño Para centros escolares

10.10 Charla “Nutrición en rapaces e conservación dos alimentos”. Milfhor Cristina Conde.

11:00 Obradoiro “Comidas recicladas e reutilizadas” (croquetas). Restaurante Playa.

12:00 Charla “Agricultura ecolóxica”. Bilúrico. Raul Fernández González, licenciado en Ciencias Ambientales

12:30 Obradoiro “Agricultura ecolóxica”, Bilúrico. Raul Fernández González, licenciado en Ciencias Ambientales

Mércores, 5 de xuño. Para o público en xeral

11:30 Conferencia “O castaño e a castaña en Galicia, ouro no chan”, de IGP Castaña de Galicia. Manuel Lopez

12:15 Conferencia “Os alimentos: Pensa. Aliméntate. Aforra”.  Milfhor. Luz Conde

13:00 Conferencia “A agricultura ecolóxica. Fundamentos e características”, a cargo de Xusto Veloso, agricultor, vidicultor, biólogo

31 de maio de 2013 | 16:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.