publicidade hoxe

A compañía Baobab Teatro presenta a obra teatral infantil “Babs” no teatro Jofre de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrolLocal
A-
A+

A compañía Baobab Teatro subirase o domingo día 26 ao escenario do Teatro Jofre para representar o seu espectáculo teatral infantil “Babs”. A función dará comezo ás 12:00 horas e está enmarcada dentro do conxunto de actividades de dinamización lingüística iniciado a finais do pasado mes de abril pola área de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol con motivo das Letras Galegas.

“Babs” é un espectáculo teatral tenro e acolledor para gozar en familia, especialmente dirixido aos máis pequenos, mesmo bebés, para que poidan espertar os seus cinco sentidos e teñan as súas primeiras sensacións gozando con divertidos personaxes, formas, cores e volumes diversos. Babs é un planeta moi, moi pequeno que só ten tres habitantes: Mamá, Papá e Babo. Babo, un ser moi pequeniño, quere descubrir o mundo pero os seus pais teñen medo e protéxeno xa que non queren que lle pase nada malo e sempre o pequeno recibe un NON por resposta. Sen embargo, Babo necesita investigar, descubrir e explorar ata que desaparece.

Entradas

As entradas, un máximo de catro por persoa ata esgotar existencias, poderanse recoller no despacho do teatro municipal a partir de hoxe en horario de 11.00 a 13.00 e de 18.00 a 20.00 horas. Para máis información, os interesados poderán chamar ao teléfono: 981 94 42 45.

23 de maio de 2013 | 17:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.