A cetrería incorpórase ao programa de ocio da Semana Verde de Galicia 2013 con vistosas actividades
A 36ª Feira Internacional Semana Verde de Galicia, a cal se celebrará do 13 ao 16 de xuño, volverá a ofrecer ao seus visitantes un completo programa de actividades, moitas delas levadas a cabo por primeira vez.
Nesta edición o certame incorpora a cetrería a través de vistosas propostas. Así, durante o sábado e o domingo, acollerá unha exposición conformada por 12 aves, todas elas de distintas especies, entre as que se poderán ver un voitre africano e outro de cabeza branca, un aguia escudada e outra “de Harris”, un falcón lanario e outro sacre, un moucho nival ou un rateiro.
Tamén durante a fin de semana, levaranse a cabo dous espectáculos de voo presentados, nos cales participarán 7 das aves da exposición. Serán exhibicións de voos de puño a puño mentres se comentan as características dos animais e en qué consiste a cetrería, e tamén voos ao “reclamo”, consistentes en poñer unha presa artificial para as aves, que se retira bruscamente e se volve a colocar para que reinicien o ataque.
Estas actividades de cetrería completaranse con prácticas participativas nas que en torno a 80 persoas do público poderán involucrarse chamando ás aves e poñendo o seu puño para que se pousen.
Un programa para todos os públicos
Estas propostas formarán parte dun completo programa de actividades que se unirá a unha gran área expositiva para converter á Semana Verde de Galicia 2013 nun atractivo espazo multisectorial de comercio e ocio.
Ao igual que nas anteriores edicións o programa incluirá numerosas actividades pensadas para todo tipo de públicos.











