A Casa das Campás acolle mañá a xornada teórica de adestramento canino

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

A Casa das Campás acolle mañá pola tarde, a partir das 20.00 horas, a xornada teórica do adestramento canino incluída na programación Yes, we can que está a realizar a concellaría que xestiona Miguel Filgueira.

Nesta xornada os adestradores caninos Diego Álvarez e Leticia Lama impartirán unha clase sobre “Nocións básicas de educación canina”, na que facilitarán consellos básicos de coidado e adestramento, así como pequenos trucos para aplicar no día a día.

O seguinte día, sábado 25, no parque pechado do ENIL Xunqueira de Alba, a partir das 11.00 horas, celebrarase unha xornada práctica na que os asistentes poderán levar os seus cans e poñer en práctica as ensinanzas dos profesionais. A entrada a estas actividades é libre e gratuíta. O programa “Yes, we can” persegue concienciar aos pontevedreses para reducir os abandonos e aumentar a adopción de cans sen dono. No mes
de abril, iniciáronse as xornadas de chipeado de cans nas parroquias de Praceres, Salcedo e Marcón, parte de esta campaña pola sensibilización animal.

23 de maio de 2013 | 16:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.