publicidade hoxe

A Casa da Xuventude do Concello de Ares acollerá unha exposición temática de bonsai e suiseki

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresCalendarioLocal
A-
A+

Coincidindo coa celebración da Festa das Alfombras Florais –Corpus Christi-, declarada de Interese Turístico Autonómico, a Concellaría de Cultura de Ares exhibirá unha mostra temática de Bonsai e Suiseki, iniciativa promovida pola Asociación Cultural Bonsai Coruña.

Esta segunda exposición temática da entidade poderá visitarse durante a fin de semana das Alfombras, isto é os días 1 e 2 de xuño, no espazo habilitado para estes fins da Casa da Xuventude, na praza da Constitución. Para máis información, pódese consultar a web www.bonsaicoruna.com.

20 de maio de 2013 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.