publicidade hoxe

A Carreira Popular 10 Km cumpre tres anos incorporando aos benxamíns e aspirando a contar con mil participantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballoDeportesLocal
A-
A+
Presentación da carreira popular

Presentación da carreira popular

A III Carreira Popular 10 Km Concello de Carballo aspira nesta a súa terceira edición a contar cun milleiro de corredores e incrementa a participación das categorías inferiores coa incorporación dos benxamíns (ademais dos xa presentes alevín, infantil, cadete e xuvenil), que contarán co seu propio percorrido de 1.000 metros de lonxitude. O Concello, a través do organismo autónomo Padroado Deportivo Municipal, organiza esta proba oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA) que ten lugar o domingo 16 de xuño de 2013 cunha distancia homologada de 10.000 metros (repartidos en dúas voltas de 5.000). Ademais, é a carreira que abre I Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación. Até o de agora xa hai inscritos máis de 300 adultos, unha cifra moi elevada tendo en conta que neste tipo de eventos a maioría das anotacións se formalizan a última hora. Así, mentres que o prazo de inscrición para os centros de ensino remata o 29 de maio, para o resto de categorías (absoluta e Veteranos 1,

2, 3 e 4) aínda está aberto até o 10 de xuño. Moncho Ríos, da Asociación Deportiva Media Ducia, entidade que colabora na carreira xunto co Club Ciclista Carballo, a FGA, o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia, a Policía Local e Protección Civil, subliña o interese da organización de incluír varios percorridos para que poidan participar con garantías dende os máis cativos ata os máis veteranos.

28 de maio de 2013 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.