publicidade hoxe

A canteira cullerdense de teatro prepara a súa grande estrea

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCulleredoLocal
A-
A+

As pequenas promesas do teatro de Culleredo están xa ás portas da grande estrea das súas obras. Será o próximo fin de semana, con sesións o sábado e o domingo, no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, cando a compañía de teatro El Ruiseñor, coa que o Concello iniciou este curso unha colaboración para o desenvolvemento de a actividade de teatro, presente á súa canteira ante o público.

Son dous as obras preparadas polos 30 pequenos, dende os 7 anos de idade, que conforman os grupos infantís da compañía: “Pinta Paleta” e “Os sentimentos xogan ao escondedoiro”. Ambas as dúas obras son creación da directora da compañía, Susana Crespo, estando baseada a segunda nunha obra de Mario Benedetti.

As sesións celebraranse o sábado 4 ás 20.00 horas e o domingo 5 ás 19.00 horas. O aforamento é limitado, sendo necesario adquirir entrada, postas xa á venda en Servizos Múltiples cun prezo de 5 euros. Poden comprar mañá e o venres en horario de 15.00 a
21.00 horas. “Pinta Paleta” está interpretada polo grupo de teatro infantil conformado por nenos de 7 a 10 anos de idade. “Os sentimentos xogan ao escondedoiro” corre a cargo do grupo que vai dende os 10 aos 13 anos de idade, aproximadamente.

O Concello de Culleredo espera un cheo total no auditorio dada a “indiscutible calidade” do traballo Del ruiseñor e o amplo número de participantes logrado neste curso apunta a concelleira de Culleredo, Alicia Ferreiro. Coa creación da colaboración entre Concello e El Ruiseñor o teatro converteuse nunha das actividades preferidas polos cullerdenses.

Ferreiro destaca o amplo repertorio de opcións ofrecidas aos veciños. A compañía traballo con grupos de teatro infantil e adulto. E ademais este curso iniciouse unha nova actividade que suscitou un grande interese entre os veciños: o teatro en inglés. A iniciativa reúne medio centenar de participantes, con grupos tanto de pequenos como de maiores. Trátase dunha opción ideal para a unión entre unha manifestación artística como o teatro e a aprendizaxe dun idioma, apunta Ferreiro.

A concelleira quere resaltar que ademais da aprendizaxe do teatro, a forma de traballar da compañía El Ruiseñor “garda un compoñente educativo na que se promoven valores como a superación ou o compañeirismo “que merece un recoñecemento.

2 de maio de 2013 | 11:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.