A “búsqueda do tesouro” e unha andaina saudable, actividades para clausurar a 3ª edición do programa Ociourense
A concelleira de Saúde e Benestar Social, Marga Martín, presentou esta mañá, no Salón de Plenos do Concello, as dúas últimas actividades, que servirán para clausurar o programa de ocio saudable, “Ociourense” que na súa III edición contou con máis de 544 persoas inscritas, máis os particioantes nas actividades que non requiren inscrición.
A fin de semana do 1 e 2 de xuño, a Praza Maior acollerá ambas actividades. O sábado, a partir das 17.00h, aqueles aventureiros e aventureiras que estean dispostos a pasar divertidas probas poden realizar a súa inscrición na mesma Praza Maior. A Búsqueda do Tesouro é un xogo de pistas que terá como punto de encontro a Praza Maior e premiará a rapidez e destreza á hora de superar unha serie de probas. Esta actividade está dirixida a maiores de 15 anos que participarán no xogo por parellas, sendo premiadas as tres primeiras.
A actividade dará comezo ás 18.00 e ás 20.00h farase entrega dos premios. Estos consisten en dúas bicicletas para os gañadores, 2 ipod nano para os segundos e dous vales de material deportivo para os terceiros, de diversos premios relacionados con estilos de vida saudables. O Concello de Ourense pretende, con esta iniciativa, fomentar as rutas biosaudables que combinan os beneficios dunha camiñata con paradas para o acondicionamento físico, e paralelamente amósannos a cidade na que vivimos, dentro dun ambiente lúdico.
Xa o domingo, ás 9,00h, dende a Concellería de Saúde propoñen dar 10.000 pasos, nunha andaina para, ao tempo que se clausura o programa Ociourense, se conmemora o Día Mundial sen Tabaco, que se vén celebrando os 31 de maio, decidido así pola Organización Mundial da Saúde, para incrementar o coñecemento sobre os prexuízos que ocasionan á sociedade.
O tema específico deste ano é “A interferencia da industria do tabaco” en relación ás medidas de prevención e control do tabaquismo e a prohibición total de calquera forma de publicidade, promoción e patrocinio. Os 10.000 pasos son a recomendación diaria para un adulto san, e coa andaina preténdese amosar aos participantes que un pequeno esforzo, fainos adquirir hábitos máis saudables, beneficiosos para a nosa vida.
A andaina sairá da Alameda do Concello ás 10.00h e discorrerá pola beira do río Miño polo paseo Ponte Pedriña, Avenida Pardo de Cela, paseo Ribeiriño, Ponte Romana, pasarela do Centro Comercial Pontevella, Ribeira de Canedo, e volta pola Pasarela de Oira, Paseo de Monforte, e paseo Barbaña, con chegada de novo á Alameda do Concello. Un total de 10.000 pasos, aproximadamente son 6 kilómetros, con desnivel e dificultade baixos.
Ao finalizar a andaina farase un sorteo de obsequios entre tódolos participantes, vencellados a estilos de vida saudables.
Todos aqueles interesados ou interesadas en participar en algunha das dúas actividades poden realizar a súa preinscrición antes do 31 de maio, na Concellería de Saúde, na rúa concordia 20, entrechán, no número de teléfono 988 510 622 ou enviando un correo electrónico ó aderezo sanidade@ourense.es.
Día Mundial sen tabaco
O 31 de maio dende as 11.00h e ata as 14.00h pola mañá, e de 17.00h a 20.00h pola tarde, na rúa do Paseo esquina Concordia e co fin de contribuír a protexer ás xeracións presentes e futuras das consecuencias devastadoras para a saúde do consumo de tabaco, a Concellería de Saúde instalará unha carpa informativa co obxectivo de informar á poboación xeral dos prexuízos do consumo de tabaco e orientar sobre como acceder á deshabituación tabáquica na nosa cidade.
Na carpa informativa farase entrega da distribución da guía “Sen tabaco, respira conmigo” que dá indicacións sinxelas para abandonar o consumo de tabaco e difundirase a Oficina de Deshabituación Tabáquica, onde o 60% de persoas que completan o programa conseguen abandoar o hábito tabáquico.
Así mesmo, na carpa poderanse inscribir todos aqueles interesados en participar na andaina “Sen fume polas pontes” que se celebrará o 2 de xuño.
Ociourense
O Concello de Ourense pretende reforzar a protección dos rapaces fronte ao consumo de drogas e tratar de remitir os seus danos, promovendo actividades saudables e proporcionando ós mozos e mozas da cidade unha alternativa para pasar a fin de semana, cunha ampla oferta cultural, lúdica e formativa, dirixida a xóvenes de 15 a 30 anos, e desenvoltas en diferentes espazos públicos da cidade.
A concelleira de Saúde, Marga Martín, fixo balance da ampla participación no que vai da III edición deste programa con máis de 554 mozos e mozas inscritos, que puideron desfrutar de actividades como a BTT ou os obradoiros de teatro e circo ou outras máis tradicionais como a cociña ou os xogos tradicionais.
Ós 700 participantes súmanse os participantes nas actividades abertas, coma o sendeirismo urbán, que contou de gran aceptación, a andaina ou os xogos tradicionais.
As actividades máis concurridas nesta edición foron a patinaxe nocturna, con 120 participantes, a escalada (56 inscricións), as clases de baile (56 inscritos) ou os obradoiros de cócteles sen alcol, onde 62 mozos e mozas desfrutaron das claves para elaborar bebidas sen alcol.