publicidade hoxe

A Brincadeira imponse ao Desastres FS Team por 4-3 na final do play-off da liga municipal de Tordoia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalTordoia
A-
A+
Equipo A Brincadeira

Equipo A Brincadeira

A Brincadeira FS fíxose finalmente coa XIV Liga municipal de fútbol sala do Concello de Tordoia ao impoñerse na prórroga da final do play-off ao Desastres FS Team, por 4 tantos a 3 na final que se celebrou onte a tarde. O equipo gañador viaxa esta fin de semana a Serra de Outes para disputar el Torneo Intermunicipal Fútbol Sala na que tomarán parte dez concellos da contorna: Arzúa, Boqueixón, Negreira, Frades, Outes, Santa Comba, Teo, Touro e Vedra,  un torneo que premia aos campións das ligas locais dos Concellos participantes.

Rematou así a liga regular municipal, que xa leva 14 anos celebrándose con gran éxito, de feito son xa 13 os equipos que a compoñen. Deles, oito pasaron a disputar o play off, do que saíu finalmente victorioso A Brincadeira, cun resultado moi axustado que se tivo que resolver na prórroga. Tralo partido entregáronse os trofeos, incluído un ao xogador con maior número de tantos, Pablo Mallo mentres que o Rápido de Tordoia foi o equipo que menos goles recibiu.

31 de maio de 2013 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.