publicidade hoxe

A Biblioteca Municipal ofrecerá este luns unha representación teatral con monicreques

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeiraLocal
A-
A+

A Biblioteca Municipal López Cortón de Cedeira será o escenario, este luns, dunha nova sesión de contacontos. Nesta ocasión, a compañía Anima Acción será a encargada de achegar aos máis pequenos da casa ao fantástico mundo dos contos dun xeito creativo e ameno:
a través dunha representación teatral con títeres que leva por nome “Os Kiriqreques: en busca da felicidade”. O contacontos, pensado para nenos e nenas de entre 6 e 8 anos, dará comezo ás 10,30 horas e a el acudirán alumnos do CEIP Nicolás del Río de Cedeira.

O obxetivo da actividade, cofinanciada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, é fomentar a lectura entre os máis pequenos da casa, de modo que este hábito os acompañe na etapa adulta. Así, a próxima sesión está programada para o 6 de xuño, coa narración “As dúbidas dos animais” de Fátima Fernández.

18 de maio de 2013 | 12:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.