A Biblioteca Municipal dos Rosales da Coruña celebra o “Día da toalla”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendarioLocalLocal Portada
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da área de Cultura que dirixe Ana Fernández, informa de que o próximo sábado, 25 de maio, a Biblioteca Municipal dos Rosales celebra ás 19.00 horas o “Día da toalla”, tamén coñecido como Día do Orgullo Friki e que está dedicado a Douglas Adams, o escritor de “La guía do autoestopista galáctico”, un dos mellores libros de ciencia ficción e humor da literatura.

A toalla é o elemento que ten que levar enriba o protagonista para poder facer autostop galáctico co obxectivo de que algunha nave espacial o recolla poucos segundos antes de que a Terra sexa destruída polos Vogons. A toalla demostra que se é un autoestopista limpo.

A Biblioteca Municipal dos Rosales celébrao cunha lectura participativa de “A guía do autoestopista galáctico”. É imprescindible acudir cunha toalla e a entrada será libre ata completar o aforamento.

23 de maio de 2013 | 13:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.