A Aula Cemit de Matosinhos acolle a xornada formativa sobre as aplicacións Android organizada por Emprego
A aula CEMIT do Centro de Formación Permanente de Matosinhos acolle mañá, 14 de maio, unha xornada formativa para afondar no Desenvolvemento de aplicacións Android. A actividade enmárcase no ciclo de accións formativas sobre as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) programado pola Área de Emprego do Concello para o mes de maio.
A xornada diríxese a persoas con perfís profesionais relacionados coa programación e que estean interesados no desenvolvemento de aplicacións para telefonía móbil de última xeración. O seminario tamén lles pode ser de utilidade a deseñadores de solucións de comunicación móbil, desenvolvedores de Java interesados en migrar o código existentes á nova plataforma e, en xeral, a profesionais (TIC) interesados na temática.
A xornada terá unha duración de 4 horas e impartirase en horario de 10 a 14 horas. Na primeira parte da sesións abordarase a visón técnica da arquitectura das aplicacións en Android, mentres a segunda, focalizarase na área de negocio e monetarización destes desenvolvementos. O temario divídese en sete puntos: Introdución ao Android, O stack, Compoñentes principais de construción, Interfaz de usuario, Monetarización de aplicacións, Desenvolvemento de negocio e Aspectos legais e fiscais.
O encargado de impartir a xornada será o enxeñeiro en telecomunicacións, Sergio Rogríguez, colaborador habitual do CNTG como formador Android e director de formación de Core Networks.