A Asemblea Xeral do GDR Pontevedra–Morrazo fai balance da xestión e afronta o 2013 coa posibilidade de incorporar mais fondos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

Este martes 28 de maio celebrouse, no salón de actos do Pazo de Cultura do concello de Pontevedra, a reunión ordinaria da Asemblea Xeral do GDR Pontevedra- Morrazo presidida polo Alcalde de Pontevedra e Presidente do GDR, D. Miguel Anxo Fernández Lores.

Os temas económicos centraron a parte máis importante da orde do día, aprobando , as contas anuais do 2012 e o informe de xestión do citado exercicio e dando conta da situación financeira do Grupo e do Programa LEADER 2007-2013 que encara un ano 2013 marcado pola posibilidade de incorporar maís fondos nos vindeiros anos 2014 e 2015 a pesares das restriccións orzamentarias da Xunta de Galicia .

Ademais, informouse da marcha da convocatoria de axudas do programa LEADER Pontevedra–Morrazo 2007–2013, dando conta dos diferentes proxectos, fundamentalmente produtivos, impulsados a través do GDR por un importe total de 1.735.496.37 euros de fondos executados e comprometidos. Estas iniciativas supoñen un investimento total (público+privado) nas nosas comarcas de mais de 4.393.376,56 euros. A tipoloxía de proxectos financiados abranguen  actuacións en diferentes ámbitos; sector agro-forestal, melloras ambientais e do contorno rural, e sobre todo iniciativas de diversificación da economía e mellora da calidade de vida , creación e modernización de Pemes eta. (Xuntase listado de proxectos)

Así mesmo destacouse na asemblea , a importancia destas axudas nun contexto de crise e incertidume como o actual, xa que estes proxectos,  ademais do efecto multiplicador inducido que supoñen os investimentos e actividades para a economía do territorio, comprometen de xeito directo, a creación e consolidación de máis de 155 empregos (155,77) dos cales 23,75 son de nova creación.

29 de maio de 2013 | 13:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.