publicidade hoxe

A Área Santiago celebrará a súa constitución formal cunha selección da súa gastronomía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Unha das xuntanzas anteriores

Unha das xuntanzas anteriores

A Gastronomía, o Camiño de Santiago e os ríos Ulla e Tambre, cos seus afluentes, son os principais polos de atracción da Área Santiago. O grupo Área Santiago constituirase formalmente o vindeiro 27 de maio coa sinatura dun protocolo de colaboración por parte dos alcaldes dos concellos constituintes, que suman unha poboación superior as 250.000 persoas e unha extensión de preto de 2.500 kms², aproximadamente un 10% da extensión de Galicia. Os concellos que forman parte de Área Santiago son: A Estrada, Ames, Arzúa, Boqueixón, Brión, Melide, O Pino, Oroso, Padrón, Rois, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vila de Cruces.

O acto de sinatura terá lugar no Pazo de Raxoi o luns 27 e dará paso a unha degustación gastronómica cunha selección de productos dos diferentes Concellos. Esta selección foi posible grazas á colaboración tanto dos concellos como de empresas da Área Santiago, que cederon os seus produtos para que este evento fose posible, nun exemplo do modo de traballar conxunto e colaborativo que se quere impulsar dende o Grupo. Os productos que se servirán distínguense por categorías.

24 de maio de 2013 | 16:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.