A área de tráfico da Coruña informa dos seguintes cambios na circulación
Con motivo das obras de reparación de canalización na rúa Orzán-altura nº42, é necesario o corte nocturno as noites de hoxe Martes 28 e mañá Mércores 29 de maio de 22 a 7 horas seguinte: córtase o acceso da rúa Panaderas cara a rúa Orzán permitíndose o cambio de sentido, así como tamén se corta o acceso dende a rúa Corralón cara á rúa Orzán.
Con motivo das obras de inspección de pozos de saneamento no Paseo Marítimo, é necesario o corte dun carril dende a rúa Regidor Somoza ata a avenida de Navarra o xoves 30 de maio de 9 a 14 horas: Dende Regidor Somoza ata a Fuente de los surfistas ocuparase o carril dereito en dirección Torre de Hércules, da Glorieta dos surfistas á avenida de Navarra ocuparase alternativamente en sentido Riazor. A afección producirase manténdose, en todo momento,un carril libre de circulación no mesmo sentido.