publicidade hoxe

A área de emprego organiza unha xornada formativa sobre o desenvolvemento das aplicacións Android

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

A aula CEMIT do Centro de Formación Permanente de Matosinhos acolle o martes, 14 de maio, unha xornada formativa para afondar no Desenvolvemento de aplicacións Android. A actividade enmárcase no programa de accións formativas sobre as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) que se están a desenvolver no centro municipal mediante a colaboración da Área de Emprego do Concello e o CEMIT. É unha actividade gratuíta na que os interesados se poden inscribir a través da web cemit.xunta.es ata o día 13 de maio.

A especifidade da temática a abordar fai que a xornada estea preferentemente dirixida a persoas con perfís profesionais relacionado coa programación e que estean interesados no desenvolvemento de aplicacións para telefonía móbil de última xeración. Non obstante, este seminario tamén lles pode ser de utilidade a deseñadores de solucións de comunicación móbil, desenvolvedores de Java interesados en migrar o código existentes á nova plataforma e, en xeral, a profesionais (TIC) interesados na temática.

A xornada terá unha duración de 4 horas e impartirase en horario de 10 a 14 horas. Na primeira parte da sesións abordarase a visón técnica da arquitectura das aplicacións en Android, mentres a segunda, focalizarase na área de negocio e monetarización destes desenvolvementos. O temario divídese en sete puntos: Introdución ao Android, O stack, Compoñentes principais de construción, Interfaz de usuario, Monetarización de aplicacións, Desenvolvemento de negocio e Aspectos legais e fiscais.

O encargado de impartir a xornada será o enxeñeiro en telecomunicacións, Sergio Rodríguez, colaborador habitual do CNTG como formador Android e director de formación de Core Networks.

Hoxe, seguridade nas redes informáticas e sistemas de telecomunicacións

Esta xornada enmárcase nun ciclo de seminarios formativos sobre TICs organizado pola Consellería de Traballo e Benestar do Concello a través da súa Área de Emprego e en colaboración co CEMIT.Precisamente, a primeira das actividades estase a celebrar esta mesma mañá, de 10 a 13 horas, e versa sobre a seguridade informática e nos sistemas de telecomunicacións. O ciclo inclúe dúas xornadas máis a celebrar no mes de maio.

8 de maio de 2013 | 17:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.