publicidade hoxe

A área de Emprego e Empresa saca a concurso a decoración dos locais baleiros nas zonas comerciais da cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

Co fin de poñer en valor e dinamizar todas as zonas comerciais da cidade, a área de Emprego e Empresa, que dirixe Luisa Cid, sacaron a concurso a decoración dos establecementos comerciais da cidade que se encontran pechados. Deste xeito, preténdese potenciar a imaxe e a actividade comercial de cada zona da cidade, revitalizándoas e animando, non só ao consumo no pequeno comercio senón potenciando os locais baleiros para que volvan saír ao mercado, ben en réxime de aluguer ou en venda.

Dende a súa chegada, este equipo de goberno apostou por mellorar a imaxe dos barrios coruñeses e, entre outras accións, ideou a decoración dos locais con propostas orixinais e rechamantes.

Con esta acción o Concello tamén quere preservar a identidade de cada barrio da cidade polo que os vinilos variarán dun barrio a outro e terán elementos identificativos de cada zona. Outro dos obxectivos que se perseguen con esta iniciativa, que conta cun presuposto de 72.600 euros, é facer máis atractivos e visibles os establecementos que se encontran baleiros.

Esta acción enmárcase dentro das liñas de traballo da Concellaría de Comercio en apoio do comercio tradicional coruñés, como punto de referencia en toda a comunidade pola súa calidade e excelencia.

10 de maio de 2013 | 19:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.