publicidade hoxe

A agricultura ecolóxica cobra peso como proxecto de futuro para Alfacuca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMos
A-
A+
A rexedora visitando, xunto a Bravo Bosh, o obradoiro

A rexedora visitando, xunto a Bravo Bosh, o obradoiro

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá ós membros do Obradoiro de Emprego Alfacuca III na propia aldea de Alfacuca, sita en San Antoíño, parroquia de Louredo.

Bravo Bosch estivo acompañada durante a súa visita pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Formación e Emprego, Óscar Soto, demais edís municipais e os alumnos/as traballadores/as do obradoiro, así coma dirección e docentes.

Tal e como se informou fai uns días, dende o Obradoiro de Emprego estase a traballar na futura utilidade das instalacións construídas na aldea de Alfacuca. Durante a visita de hoxe a ditas instalacións por parte da delegada da Xunta, afianzouse unha das ideas consistente na explotación da zona para a producción de agricultura ecolóxica. Precisamente unha das especialidades deste Obradoiro é a de agricultura ecolóxica, xunto coas de instalación e mantemento de xardíns, instalación e montaxe de elementos de madeira e promoción turística local e deseño gráfico.

Os 8 alumnos traballadores da especialidade de agricultura ecolóxica están a cultivar nestes momentos tomates, leitugas, cenorias, cabazos, remolacha, guisantes, patacas, pepinos, cebolas, pementos, perexil, lavanda, rúcula, etc; todo elo con métodos ecolóxicos de cultivo, a partir de sementes xa previamente ecolóxicas e mediante a técnica de rego con goteo.

A idea de que Alfacuca continúe a explotarse nun futuro como zona de plantío de agricultura ecolóxica viría refrendada pola creación dunha cooperativa que xestionase os recursos, traballase a terra e comercializase os productos, entre outros clientes, ós comedores dos colexios da zona, sabendo de antemán que algúns deles empregan materia prima ecolóxica nas súas cociñas e estarían interesados en abastecerse por esta vía. Neste sentido a delegada, María José Bravo, trasladoulles esta mañá á alcaldesa e demais representantes municipais, o seu total apoio para impulsar esta idea, así coma todo tipo de axuda en labores de xestión e asesoramento para levala adiante.

O seguinte paso a dar a continuación, segundo explicou a rexedora local, é manter unha reunión cos alumnos traballadores do obradoiro Alfacuca III para plantexarlles, se están interesados, que se constitúan como cooperativa e eles mismos xestionen a plantación de agricultura ecolóxica na aldea de Alfacuca como saída laboral de autoemprego unha vez finalizado o Obradoiro. E de seguido, Arévalo acudirá á consellería de Traballo e Benestar para iniciar o proceso de materialización deste proxecto. E é que, tal e como puideron comprobar na súa visita matinal as autoridades asistentes, os avances nos traballos de recuperación deste contorno están tan avanzados que xa está prácticamente listo para a súa utilización nun proxecto de futuro.

Especialidades

O Obradoiro de Emprego Alfacuca III deu comezo a finais de decembro de 2012 e terá seis meses de duración. Esta terceira edición do obradoiro foi posible gracias á financiación da Xunta, que o subvenciona con preto de 300.000 euros.

Cada especialidade do Obradoiro de Emprego Alfacuca III conta con 8 alumnos traballadores.

Os alumnos traballadores da especialidade de agricultura ecolóxica encárganse da creación dunha horta ecolóxica cunha finalidade educativa e de desenvolvemento persoal.

No caso da especialidade de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, esta ten como obxectivo conseguir converter a Alfacuca nunha zona de esparcemento e lecer, ao que se suma a súa ubicación nun entorno natural, que proporciona a posibilidade de organización de eventos medioambientais e acampadas, e sobre todo da recuperación de especies autóctonas, como os carballos, entre outros.

Á especilidade de instalación e montaxe de construcción de madeira súmanse módulos formativos doutras especilidades, que complementan a formación e práctica profesional dos alumnos-traballadores, como manexo de carretillas elevadoras, de modo que estes poidan, ao finalizar o obradoiro ou durante o mesmo, obter o carné de carretilleiro, ocupación actualmente demandada no mercado laboral.

A outra especilialidade, a de promoción turística local e deseño de productos gráficos, pretende que os seus alumnos-traballadores teñan unha visión ampla das necesidades dunha localidade e poidan cubrir esas necesidades de forma casi completa, co obxectivo de mellorar a imaxe do municipio, e posibilitar unha promoción dos recursos locais existentes.

24 de maio de 2013 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.