A AFAC levará a cabo o venres a clausura das competicións de fútbol 8 nun acto multitudinario no Pazo dos Deportes da Cidade Deportiva de Riazor
Aproximadamente dous mil nenos, que competiron nas ligas locais e comarcais de fútbol 8 da Coruña, despedirán a presente tempada 2012-2013 no Pazo dos Deportes da Cidade Deportiva de Riazor no acto de clausura das competicións de fútbol 8 organizado pola Asociación de Fútbol Afeccionado da Coruña (A.F.A.C.).
A AFAC premiará os catro primeiros clasificados de cada liga local e comarcal de fútbol 8 da Coruña da presente tempada 2012-2013, e ademais entregará unha medalla conmemorativa a cada un dos nenos e nenas asistentes ao acto de clausura. A Asociación de Fútbol Afeccionado da Coruña tamén sorteará entre os presentes material deportivo e inscricións gratuítas ao Campus de Fútbol AFAC de Verán.
O acto de clausura e entrega de premios terá lugar o venres, día 31 de maio, ás 19:30 horas, no Pazo dos Deportes da Cidade Deportiva de Riazor, que vivirá unha xornada festiva para os máis pequenos, os grandes protagonistas do acto de clausura das competicións de fútbol 8 organizado pola Asociación de Fútbol Afeccionado da Coruña.











