70 persoas reciben os diplomas dos cursos do programa “Ourense Activ@”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

O programa integrado “Ourense Activ@”, desenvolvido pola Concellería de Emprego, é un proxecto de inserción laboral de persoas que se atopan en situación de desemprego, e ten coma obxectivo prioritario favorecer a incorporación ao mercado de traballo mediante fórmulas de información, orientación, formación, práctica laboral e mobilidade xeográfica.

Na súa 5ª edición, participaron 70 persoas desempregadas inscritas coma demandantes nas oficinas de emprego da cidade, desenvolvendo accións formativas deseñadas para dar resposta á capacitación de traballadores vencellados a sectores económicos en auxe dentro da cidade: atención a persoas en situación de dependencia e servizos de restauración e conservación da paisaxe.

O concelleiro de Emprego e Termalismo entregou os diplomas aos alumnos e alumnas que remataron con éxito os seguintes cursos:

– Hidroterapia e balneoterapia (15 alumnos)

– Limpeza e acondicionamento de instalacións termais (20 alumnos)

– Aprovisionamento e almacenaxe na venda (20 alumnos)

– Atención sociosanitaria a persoas dependentes (15 alumnos)

Todos os alumnos e alumnas que iniciaron os cursos programados (que se veñen desenvolvendo dende setembro de 2012), os remataron satisfactoriamente e o 30% atoparon xa unha saída laboral, atopándose outro 30% no marco de diferentes procesos selectivos.

O Concello mantén os programas de desenvolvemento do emprego por 5º ano consecutivo:

– No 2008/ 2009 Programa Experimental PROEXPEM

– No 2009/2010 Programa Integrado PITER

– No 2010/2011 Programa Integrado ATÉNDEME

– No 2011/2012 Programa Integrado INTERMEDIA

– No 2012/2013 Programa integrado OURENSE ACTIV@

Os programas tentan desenvolver estratexias persoais eficaces para a búsqueda activa de emprego e a mellora das competencias persoais e profesionais a través de varias accións formativas, nas que se suliña a atención personalizada a cada un dos participantes, seguimento continuo dende a súa incorporación ata o remate do proxecto e promoción dos participantes en empresas vencelladas ás temáticas obxecto dos cursos desenvolvidos.

 

2 de maio de 2013 | 16:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.