publicidade hoxe

6ª Andaina da Eurocidade Chaves-Verín “Ruta da Fronteira”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalVerín
A-
A+

O vindeiro domingo 26 de maio, a Eurocidade Chaves-Verín organiza a sexta edición da súa andaina popular, destinada a incentivar a práctica deportiva física e estreitar lazos de unión e convivencia entre flavienses e verinenses. Os/As participantes iniciarán a Ruta da Fronteira en Feces de Cima, pasando por Lamadarcos, Vila Frade e Feces de Abaixo ata o santuario de Santa Marta (Vila Frade).

Esta ruta ten unha distancia de 10 quilómetros e dificultade fácil. Para achegarse a localidade de inicio da andaina sairá un autobús do Centro de Cultural de Chaves ás 8.30 horas (hora portuguesa) e da praza do Concello de Verín ás 9.30 horas (hora española). O inicio da andaina está fixado ás 9 horas (10 horas españolas) e a finalización ás 12.30 horas (13.30 horas españolas) onde terá lugar un pequeno almorzo, no santuario de Santa Marta, estando previsto o regreso ás 14 horas (15 horas españolas).

As inscricións poden realizarse ata o 22 de maio, en Chaves, no Centro Cultural e nas instalacións da Câmara Municipal, na Ladeira da Trindade nº 17; ou en Verín, no Gabinete de Apoio Técnico da Eurocidade ou en Multisport Verín. O prezo é de 7 euros ou 5 euros para os posuidores/as da Tarxeta do Eurocidadán (gratuíta).

Devandita actividade está organizada pola Eurocidade Chaves-Verín, Município de Chaves, Concello de Verín, Fábrica da Igreja da Freguesia de Lamadarcos-Vila de Frade, e conta co apoio da Associação Flaviense de Caminheiros,  Asociación de Sendeirismo Ruta das Augas de Verín e Cruz Vermelha.

A Eurocidade Chaves – Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).

15 de maio de 2013 | 16:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.