publicidade hoxe

61 demandantes de emprego están inscritos no curso de “atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O Concello de Ferrol, a través da Concellería de Emprego que dirixe Martina Aneiros Barros, informou de que un total de 61 demandantes de emprego efectuaron a inscrición no itinerario formativo con certificado de profesionalidade “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”. Sen embargo, este curso de inserción laboral conta cun límite de prazas de 15 persoas polo que o equipo técnico do proxecto iniciará na primeira semana do mes de xuño o proceso de selección para o mesmo.

O itinerario, cunha duración total de 560 horas, será impartida en locais homologados pola Xunta de Galicia para cursar esta especialidade formativa e ten previsto o seu inicio para finais do mes de xuño. “O obxectivo é capacitar para atender a persoas dependentes no ámbito sociosanitario das institucións, aplicando as estratexias deseñadas polo equipo interdisciplinar competente e os procedementos para manter e mellorar a súa autonomía persoal e as súas relación co entorno” explicou Martina Aneiros. No mes de xaneiro do ano 2012 o alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela e a conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia asinaron un acordo para que este itinerario formativo, enmarcado no proxecto “Ferrol punto de emprego II” da Administración Municipal e cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE), supoña a acreditación a través da expedición do correspondente certificado de calidade. O proxecto posto en marcha pola Concellería de Emprego ten como obxectivo proporcionar aos beneficiarios unha cualificación profesional que lles permita acceder con mellores condicións de empregabilidade ao mercado laboral.

30 de maio de 2013 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.