22 persoas participan no seminario de estratexias de busca de emprego organizado por xuventude
A Concellería de Xuventude imparte esta tarde no seminario sobre Estratexias de busca de emprego no que participarán as 22 persoas do colectivo de mozos e mozas desempregados do municipio con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos. Unha “coaching” con ampla formación e experiencia en Recursos Humanos impartirá a sesión que se centrará no aproveitamento das redes sociais especializadas en emprego e en saber posicionar a marca persoal nestas novas e útiles ferramentas.
O seminario celebrarase esta tarde na sala de conferencias do Auditorio en horario de 17 a 20 horas. O departamento que dirixe Francisco González organiza esta actividade no marco das accións que está a desenvolver para tratar de loitar contra o elevado índice de desemprego que afecta á mocidade. A participación é gratuíta.
O seminario impartirao unha licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid; Máster en Dirección de Recursos Humanos, Máster Universitario en Profesorado e cunha ampla experiencia profesional no ámbito dos Recursos Humanos.
Na actividade advertirase sobre a importancia de posicionar a marca persoal do demandante de emprego nos listados de internet. Tamén se lles darán a coñecer as distintas redes sociais profesionais que existen e a especialidade de cada unha delas. Os alumnos aprenderán a mellorar ou seus perfís profesionais en Lindekin e a sacarlle o máximo partido aos portais de emprego. Traballarán o Networking, e porán en práctica sistemas para pasar filtros nos procesos de selección, como actuar nas dinámicas de grupo ou o mellor xeito de afrontar unha entrevista de traballo, entrevistas telefónicas e mesmo a opción da vídeo entrevista.











