XXIV Feira do Ano e Festa de San Isidro en Paradela
O Concello de Paradela acollerá o vindeiro 15 de maio a XXIV Feira do ano e festa de San Isidro. A xornada festiva incluirá divesas exposicións de raza rubia galega, maquinaria agrícola antiga e moderna, unha mostra de pintura e manualidades e un desfile de carros, apeiros de labranza e cabalos.
Para rematar a xornada lúdica, ao remate do oficio relixioso na honra a San Isidro, sucederase a verbena coa actuación da Banda de Música de Paradela para rematar co espectáculo da Orquestra Trébol.