Xuventude organiza un seminario de busca de emprego para mozos de 16 a 30 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaVilagarcía de ArousaXuventude
A-
A+

Despois do curso para a obtención de título de manipulador de a Concellería de Xuventude e Voluntariado pon en marcha unha nova iniciativa para loitar contra o elevado índice de desemprego que padece, de xeito especial, a mocidade. Neste caso, o departamento que dirixe Francisco González organiza un Seminario de Estratexias de Busca de Emprego destinado a mozos e mozas de 16 a 35 anos e que se atopen en situación de desemprego. Trátase dunha actividade gratuíta na que poderán participar 30 persoas.

Con esta actividade, a Concellería pretende facilitar aos mozos e mozas as ferramentas e coñecementos precisos para obter mellores resultados nas buscas activas de emprego que emprendan e que saiban utilizar do xeito máis efectivo os diversos recursos dos que se dispón na actualidade, con especial atención as redes sociais e portais de emprego.

Entre outros aspectos, no seminario advertirase sobre a importancia de posicionar a marca persoal do demandante de emprego nos listados de internet. Tamén se lles darán a coñecer as distintas redes sociais profesionais que existen e a especialidade de cada unha delas. Os alumnos aprenderán a mellorar ou seus perfís profesionais en Lindekin e a sacarlle o máximo partido aos portais de emprego. Traballarán o Networking, e porán en práctica sistemas para pasar filtros nos procesos de selección, como actuar nas dinámicas de grupo ou o mellor xeito de afrontar unha entrevista de traballo, entrevistas telefónicas e mesmo a opción da vídeo entrevista.
Dados os contidos a abordar, os interesados en asistir ao seminario deben ter coñecemento no manexo das redes sociais.

O seminario impartirao unha licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid; Máster en Dirección de Recursos Humanos, Máster Universitario en Profesorado e cunha ampla experiencia profesional no ámbito dos Recursos Humanos. A xornada terá unha duración de tres horas e desenvolverase na sala de conferencias do Auditorio o martes, 14 de maio, en horario de 17 a 20 horas. O prazo de inscrición ábrese o luns, 19 de abril e remata o 8 de maio. As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello en horario de 8:30 a 14:30 horas. A lista de admitidos publicarase o día 13 de maio e as prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Os formularios de solicitude poden imprimirse do taboleiro de anuncios da web municipal ou recollerse na Concellería.

26 de abril de 2013 | 16:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.