Xuntanza cabalar en Cristelos e festas na honra de San Xosé Obreiro no municipio de Tomiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalTomiño
A-
A+

O barrio de Cristelos na parroquia tomiñesa de Barrantes, acolle os vindeiros días 27 e 28 de abril, a tradicional Xuntanza Cabalar. As probas comezarán pola tarde do sábado, a partir das 15.00 horas, e pola noite, haberá cea a base de carne ao caldeiro, se o tempo o permite.

O domingo, as probas equinas empezarán ás 10.00 da mañá e ao medio día realizarase unha comida campestre.

Por outra banda, este mesmo barrio acolle as festas na honra de San Xosé Obreiro, os días 30 de abril e 1 de maio. As orquestras Solara e Suavecito amenizarán a verbena do martes 30, mentres que o mércores 1, haberá pasarrúas a cargo da charanga “Cantos Somos”, e ás 12.00 horas, será a misa, con sermón e procesión.

Pola noite a mesma charanga da mañá, pechará as festas, para cuxa celebración habilitarase unha carpa.

22 de abril de 2013 | 12:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.