Xunta e Concello de Curtis colaoboran para facilitar o acceso a internet de 3 parroquias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtisLocalLocal Portada
A-
A+

A sinatura dun convenio entre a Xunta e o Concello de Curtis permitirá facilitar o acceso a internet a 45 veciños das parroquias de Santa Eulalia e Santa María que carecen deste servizo. En concreto, beneficiaranse desta medida os habitantes dos núcleos de Gulpilleira, Maques de Abaixo e Porto.

En virtude do acordo subscrito, o concello pon a disposición os terreos nos que está situada unha torre de telecomunicacións que se empregará para achegar internet a partir do verán a estas núcleos sen cobertura. O acordo, pon a disposición da Axencia para a Modernización Tecnolóxica esta infraestrutura – ata agora xestionada pola Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia dependente da Consellería de Economía e Industria- e que empregará  o operador público Retegal no marco do Plan de Banda Larga da Xunta. Esta actuación non supón custe algún para o municipio e permite a Retegal utilizar unha infraestrutura existente, optimizando recursos.

Incremento da cobertura no Concello e na Comarca de Betanzos

Esta medida enmárcase dentro das actuacións do Plan de Banda Larga da Xunta para dotar de internet a todos os galegos, e no que as infraestruturas de Retegal cumpren unha función esencial.

No concello de Curtis os despregamentos do Plan permitiron facilitar o servizo de internet a máis do 87% da poboación. Antes do plan só algo máis do 22% dos veciños tiñan acceso a este servizo. Hai tres anos só 946 veciños do municipio podían acceder á rede, a día de hoxe o Plan incrementou esta cifra ata superar os 3.600.

As actuacións previstas para este ano permitirán superar do 97% de persoas con acceso  Internet no municipio. A porcentaxe restante cubrirase a través de satélite.

Na comarca de Betanzos, á que pertence Curtis, o Plan posibilitou o acceso á rede á máis de 13.100 que carecían de servizo. A porcentaxe de cobertura pasou en menos de tres anos de preto do 55% ao 88% e superará o 96% ao remate do ano.

Retegal, chave no Plan de Banda Larga

Retegal está a desenvolver un papel chave no Plan de Banda Larga ao poñer a disposición dos operadores a súa infraestrutura para achegar o acceso á rede ás zonas máis illadas orográficamente. Actualmente, o operador público conta conta con máis 200 centros de telecomunicacións e construirá 99 centros máis en 2013 para facilitar a extensión da banda larga en toda a Galicia.

O operador público está a ampliar tamén a súa rede de fibra óptica que conta xa con xx quilómetros Esta actuación dota á Comunidade dunha potente rede de telecomunicacións coa tecnoloxía máis avanzada en canto á capacidade de crecemento, calidade, posibilidades de evolución e maior velocidade de transporte.

Deste xeito, a Xunta de Galicia, a través de Retegal xestionará unha infraestrutura que lle permitirá unha gran capilaridade para achegar á Rede as zonas máis illadas tecnoloxicamente que ata o de agora non podían acceder aos servizos dixitais máis avanzados.

4 de abril de 2013 | 16:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.