Xornadas do Viño en Pontevedra
O Concello de Pontevedra organiza unhas Xornadas do Viño na Casa do Pobo Verducido os días 19 e 20 de abril.
Nas xornadas tamén se tratará a creación dunha Denominación de Calidade para os viños de Pontevedra. O comezo das Xornadas terá lugar ás 20:00 horas e o día 20 ás 19:30 h. durante as mesmas terá lugar unha cata de viños comentada. Todos os interesados en inscribirse nestas xornadas vitivinícolas poderán inscribirse gratuitamente na propia Casa do Pobo.











