Xornadas de Formación de Profesionais do Ámbito Social
Os próximos 7,8 e 9 de Maio, celebraranse en Lugo as Xornadas de Formación de Profesionais do Ámbito Social (JFPAS) organizadas por Unión Caló en colaboración coa Asociación de Promoción de Integración Xitana de Lugo e a Facultade da Formación do Profesorado.
O obxectivo principal destas Xornadas é propiciar o coñecemento, reflexión e o respecto da cultura e a realidade xitanas entre profesionais do ámbito social e a incorporación ás prácticas de traballo das medidas necesarias para unha intervención axustada á realidade e de calidade, desenvolvendo actividades específicas de intercambio de boas prácticas e experiencias innovadoras.
Esta formación diríxese a profesionais actuais e futuros do ámbito social que interveñen en contextos relacionados directa ou indirectamente co grupo poboacional xitano e, en xeral, para calquera profesional actual ou futuro interesado en adquirir os devanditos coñecementos para complementar a súa formación.
A matrícula é gratuíta e limitada.
Poderase realizar a solicitude de inscrición antes do 29 de abril.











