Xornada formativa sobre o programa Sacre en Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalOurense
A-
A+

O domingo 14 de abril, ás 09.30 h. na Aula Municipal de Natureza do río Miño, en Oira, comezan a xornadas formativas sobre o programa SACRE: Iniciación ao recoñecemento das aves polo seu canto, a cargo de Alexandre Justo, coordinador de SEO en Galicia.

O curso pretende axudar no recoñecemento das aves polos seus cantos e reclamos, proporcionando consellos, trucos e recomendacións para poder identificar no campo os diferentes grupos de aves mediante o oído.  Ademais, falarase sobre os obxectivos deste programa, os fundamentos da metodoloxía de traballo e, finalmente, unha práctica de campo de recollida de datos e identificación de aves.

Este mes de abril comeza unha nova tempada do SACRE, programa de seguimento de aves comúns impulsado por SEO/Birdlife a nivel estatal e coordinado pola SEO a nivel galego. Este programa ten por obxectivo coñecer as tendencias poboacionais das nosas aves máis comúns. O traballo de campo consta unicamente de dúas mañás de mostraxe ao ano coas que poderemos contribuír á conservación das nosas rolas, escribentas, lavercas ou bubelas. O programa SACRE está aberto a calquera afeccionado ou afeccionada á ornitoloxía cuns coñecementos mínimos para o recoñecemento das especies de aves comúns.

12 de abril de 2013 | 15:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.