Xornada educativa e medioambiental no monte de Pereiras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMos
A-
A+
Escolares plantando as árbores

Escolares plantando as árbores

O CEIP de Atín, a Comunidade de Montes de Pereiras e a Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras, organizaron unha xornada de convivencia adicada á prantación de árbores en terreos do monte comunal da parroquia de Pereiras, que contou coa colaboración do Concello de Mos.

En representación da administración local participaron nesta iniciativa celebrada ó longo desta mañá a edil responsable da concellería de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón e o concelleiro Cándido Pérez.

Os 37 alumnos e alumnas de 1º e 2º cursos de Educación Primaria do Colexio de Atín prantaron un total de 43 árbores, das cales 29 eran corcheiras doadas pola Comunidade de Montes e as 14 restantes castiñeiros que prantaran previamente en macetas a partir de castañas os propios escolares do centro como actividade formativa incluída no programa do curso escolar. Con esta prantación os cativos participantes puideron comprobar de primeira man cales son as fases do ciclo vital das árbores e que elementos precisan para o seu óptimo desenvolvemento.

Esta iniciativa consistiu nun día de convivencia durante o que os escolares sairon ó monte a realizar a prantación. Con esta actividade preténdese fomentar a concienciación medioambiental e o amor e o respecto pola natureza; así coma a educación para a prevención de incendios forestais debidos a malas prácticas nos montes  da nosa comunidade autónoma.

26 de abril de 2013 | 16:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.