Volven os Cantos de Taberna de Pontevedra coa agrupación Recanto como convidada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalPontevedra
A-
A+

Chegado o último venres de mes, os afeccionados aos Cantos de Taberna terán a posibilidade volver gozar da actuación do grupo Maravallada que nesta ocasión estará acompañado de Recanto. Este venres a actuación será nas tabernas: Lareira e Rebusco, dende
as 21.00 ás 00.00 horas.

Recanto naceu no marco das clases de cancións tradicionais promovidas pola Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande, desde o pasado mes de outubro de 2012. O profesor é Marcos Varela Couselo, profesor tamén de acordeón e de gaita nas clases da asociación. O grupo está formado por unhas 20 persoas de todas as idades (dos 20 aos 70 e tantos…).

Cabe lembrar que entre as novidades desta segunda edición dos Cantos de Taberna a Concellaría de Festas acordou reducir de tres a dous locais nos que se actúa pola noite, a petición das persoas que participan nestas sesións dado que cando comeza a animarse a noite, o grupo tiña que cambiar de establecemento.

As vindeiras sesións serán:

– 31 de maio: Timón e Pasaje

– 28 de xuño: Reixas e A Navarra

24 de abril de 2013 | 16:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.