Volve “Baidetapas” con máis forza no Concello de Baiona
Por segundo ano consecutivo a Concellaría de Turismo do Concello de Baiona e a Asociación de Comerciantes e Empresarios (Aceba) organizan o II concurso de tapas “BaideTapas” por Baiona, que se celebrará dende o 18 de abril ata o 19 de maio. Na presente edición aumentou a 31 o número de locais adheridos ao programa, 12 máis que na pasada campaña.
Tras o éxito da pasada edición, na que se despacharon algo máis de 20.000 tapas, os organizadores decidiron repetir a experiencia, fixando os mesmos obxectivos: poñer en valor a gastronomía de Baiona a través da cultura do tapeo, elaborando unha ruta na que se incentive a degustación de tapas, así como motivar o empresario na súa elaboración. Outro dos fins é institucionalizar en primavera a cita gastronómica.
Os máis de trinta establecementos participantes distribuídos por todo o municipio elaborarán un total de 67 tapas diferentes que servirán a un prezo popular de 2 €. Ademais, se se combina cun viño do patrocinador da campaña, o prezo será de 3’5 €. María Iglesias, Concelleira de Turismo, aposta firmemente por esta iniciativa e para iso destina importantes recursos na súa promoción
Entre os consumidores que voten as tapas, e consigan un mínimo de 5 selos, sortearanse máis de 30 premios como ceas, vales de degustación, lotes de vino,…además dun primeiro premio que será un Ipad Retina.
A tapa que consiga unha puntuación media máis alta levarase o “Premio á Mellor Tapa 2013”, que o ano pasado conseguiu a “Cunca de chocolate amargo con xeado de vainilla” elaborada polo Pazo de Mendoza.











