Voluntariado organiza o XII Curso básico de acción voluntaria do Concello de Cambre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreLocal
A-
A+

Voluntariado organiza o XII Curso básico de acción voluntaria do Concello de Cambre. O vindeiro sábado 27 e domingo 28 de abril terá lugar o XII Curso básico de acción voluntaria do Concello de Cambre o segundo curso neste ano 2013 debido á listaxe de agarda formada trala celebración do XI curso no mes de marzo de 2013. O curso desenvolverase no Centro de Formación Municipal do Espítito Santo no seguinte horario:

Sábado 27 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas

Domingo 28 de 10:00 a 14:00 horas

Estimase unha participación de 25 persoas voluntarias.

O programa formativo do curso será o seguinte:

XII CURSO BÁSICO DE ACCIÓN VOLUNTARIA.

O curso será impartido por Ricardo Puertas Mosquera, educador social do Concello de Cambre.

Obxectivos:

– Dar a coñecer a realidade e o sentido do voluntariado a todas aquelas persoas interesadas en incorporarse a algunha entidade de voluntariado ou de iniciar o seu proceso de formación en voluntariado, proporcionando os coñecementos e habilidades necesarias para a intervención a realizar.

– Reciclar coñecementos e traballar a nova Lei de voluntariado de Galicia con todas as persoas voluntarias que viñan colaborando no programa municipal

– Ofrecer ás persoas voluntarias en activo unha formación que lles permita desenvolver e mellorar as habilidades e destrezas para unha acción voluntaria de calidade

– Ofrecer un espazo de intercambio e información sobre o mundo do voluntariado, as súas organizacións e o seu xeito de actuar.

Contidos

1. Marco normativo do voluntariado

1.1. A Lei 10/2011, de 28 de novembro, de acción voluntaria

1.2. Diferenzas entre a Lei 3/2000 e a Lei 10/2011

1.3. Conceptos Básicos de acción voluntaria

1.4. Itinerario de acceso ao voluntariado

1.5. Dereitos e deberes

1.6. Motivacións, compromiso, perfís

1.7. Riscos

2. Programa Municipal de Voluntariado de Cambre

2.1. Voluntariado desde a administración pública

2.2. Proxectos de acción voluntaria

2.3. Modelo asembleario

2.4. Autoxestión

Aínda queda algunha praza libre, polo que o prazo de inscrición rematará o xoves 25 de abril de 2013. A inscrición é gratuíta e poderán facelo comunicándoo por escrito a través dos rexistros de entrada municipais, ou ben a través do e-mail: voluntariado@cambre.org).

22 de abril de 2013 | 16:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.