Visita de estudantes da USC para coñecer os servizos sociais municipais

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+
A concelleira dirixíndose aos alumnos

A concelleira dirixíndose aos alumnos

A concelleira de Benestar Social, María Castelao, recibiu un grupo de 72 alumnos de 2º de Educación Social da USC, que visitaron a Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES), en Salgueiriños, para coñecer o funcionamento dos servizos sociais do Concello. Os estudantes coñeceron o funcionamento da Unidade de Traballo Social, o labor das educadoras sociais e as iniciativas do Programa Urbana Santiago Norte, así coma o traballo de prevención, asesoramento e inserción laboral dos axentes de desenvolvemento local. Finalmente, recibiron información sobre as actividades da Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela e doutras entidades sociosanitarias con sede no CABES.

4 de abril de 2013 | 18:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.