Vinte veciños e veciñas de Abellá participaron no curso gratuíto de primeiros auxilios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFradesLocal
A-
A+
Un instante da clase de primeiros auxilios

Un instante da clase de primeiros auxilios

Un total de vinte veciños e veciñas de Abellá participaron este sábado no segundo curso de primeiros auxilios organizado polo Concello de Frades, que foi impartido por persoal especializado da Cruz Vermella no local social da parroquia de Abellá. A última oportunidade de participar neste curso gratuito terá lugar ese sábado 27 de abril no local social de Ponte Carreira, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Para anotarse só hai que chamar ao 981 69 55 67 ou directamente na Casa do Concello.

Durante cinco horas, persoal especializado da Cruz Vermella explicoulles aos veciños e veciñas distintas técnicas de actuación no caso de accidente. Así, as veciñas aprenderon técnicas de primeiros auxilios, dende como facer a respiración boca a boca ata como comprobar a tensión dunha persoa. Uns coñecementos que puideron aplicar eles mesmos sobre uns bonecos destinados á aprendizaxe de primeiros auxilios e baixo a atenta guía de persoal da Cruz Vermella.

22 de abril de 2013 | 17:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.