Vilagarcía súmase a un proxecto europeo medio ambiental e de aforro enerxético da auga potable

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Concello de Vilagarcía participará no Proxecto WIZ, un plan experimental xestionado pola Deputación Provincial e financiado pola Unión Europa que ten por obxectivo mellorar a xestión do abastecemento da auga potable incidindo en aspectos medio ambientais e de aforro enerxético e económico. O alcalde, Tomás Fole, preside mañá no Concello a reunión preparatoria para a posta en marcha da iniciativa.

Na reunión de traballo participarán, ademais do alcalde, o concelleiro de Obras, Jesús Longa; técnicos do departamento de Infraestruturas da Deputación; persoal técnico de Espina y Delfín; da empresa adxudicataria da recollida de datos GIS e topográficos (Signo Ingeniería del Territorio) e da Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia, organismo que desenvolve o proxecto WIZ en España e Europa.

O WIZ permite aos xestores, cidadáns e empresas dispoñer de información transparente e eficaz da xestión da auga potable subministrada a través da rede pública municipal. O proxecto é unha ferramenta informática, é dicir, un programa asociado a unha base de datos no que, por exemplo, se recolle información como as fontes de captación de auga, os volumes dos depósitos e encoro, consumos a través de sensores de empresas ou fogares, estado das canalizacións, emisións á atmosfera de gases resultantes do proceso de tratamento das augas para a súa potabilización, custes do proceso, enerxía empregada, substancias que se atopan na auga de consumo (minerais, biotoxinas, etc…)

Esta acción representa o futuro na xestión municipal da auga potable e das infraestruturas hidráulicas (embalses, estaciones potabilizadoras, bombeos, redes de abastecemento e traídas, etc.) incluíndo a compoñente enerxética e non só a protección de recursos hídricos.
En resumen, preténdense coñecer en profundidade os recursos hídricos e da rede de distribución de augas do municipio para anticiparse ao seu comportamento baixo premisas de cambio climático e de presión urbanística variable.

O WIZ busca mellorar a xestión del auga potable, aforrar no seu consumo, aforrar enerxía e mellorar a calidade das augas de consumo. Ademais, permite xestionar e deseñar as infraestruturas hidráulicas de xeito moderna e eficiente; integrar a xestión da auga potable e a xestión urbanística; e protexer e mellorar o entorno natural e urbano. Entre os beneficios que este programa reportará atópanse o aforro de costos e enerxía e a implicación dos cidadáns, empresas e administracións no uso racional da auga. A súa vez, todo isto contribuirá favorablemente na loita contra o cambio climático para garantir o futuro da auga potable, un ben cada vez máis escaso, valioso e necesario.

2 de abril de 2013 | 16:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.