Vigo celebra o “Día Mundial de danza” no auditorio municipal e na rúa
A Concellería de Cultura e Festas ten programado esta fin de semana unha serie de espectáculos con motivo da celebración do DÍA MUNDIAL DA DANZA o 29 de abril. O venres 26 o Auditorio Municipal do Concello acolle o espectáculo “Macho” de Loira e o domingo 28, para público familiar, a compañía Otradanza ofrecerá “Eureka”.
O domingo 28, ás 12,00h, e en colaboración coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais,diferentes grupos de danza tradicional actuarán de forma simultánea en diversos espazos da cidade: Alameda de Bouzas, peonil do Calvario, praza do Emigrante (Travesas), Sanjurjo Badía-Enrique Lorenzo e Montero Ríos-Pablo Morillo; posteriormente, ás 18,00h, actuarán outros catro grupos no CCV de Valadares.











