Viaxe de coñecemento a Terra de Montes
A Concellaría de Patrimonio Histórico organiza mañá a súa primeira actividade da programación de actos do segundo trimestre do ano. Será a saída de coñecemento á Terra de Montes, en colaboración coa Asociación Ecoloxista e Cultural Verbo Xido de Terra de Montes.
A viaxe está completa e os asistentes poderán ver o mosteiro de Aciveiro, e as fontes do Lérez e a Ponte Andón. Tamén está prevista unha visita ao Centro Etnográfico de Terras de Montes, en Soutelo, e un percorrido pola parroquial de Cerdedo, pola calzada medieval da Torrente, a ponte románica sobre o río Castro e a ermida de Santon Antón.
Pola tarde farase un percorrido dende O Serrapio, a ponte medieval de Pedre sobre o río Lérez e a subida polo camiño enlousado até o lugar de Pedre.











