Viaxe de aventura a Asturias dentro do programa “Imos de excursión”

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+
Descenso do Sella

Descenso do Sella

A Concellería de Centros Socioculturais abre o prazo a partir do dia 2 de abril, ás 17:00 horas para participar na próxima viaxe organizada no marco do programa Imos de excursión 2013. Será a denominada Aventura en Asturias, que se desenvolverá os días 21 e 22 de abril. Para participar nesta viaxe requírese unha idade mínima de 14 anos. O programa inclúe unha actividade de rafting o 20 de abril e un descenso en canoa polo Río Sella ao día seguinte. Os participantes baixarán ata a localidade de Llovió, cubrindo gran parte do coñecido traxecto do descenso internacional en piragua.

O custo desta viaxe é de 114 euros, nos que se inclúen as actividades, o transporte, o aloxamento en pensión completa, as visitas e excursións do programa, o guía e os seguros. Información e inscrición nos centros socioculturais.

Imos ao baile

Por outra parte, continua a desenvolverse o programa Imos ao baile 2013. A próxima cita é na Casa das Asociacións de Cornes, o sábado 6 de abril, a partir das 17:30 horas, co grupo Solymar. Entrada de balde ata cubrir aforo.

1 de abril de 2013 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.