Vías e Obras continúa coas melloras nos camiños rurais de Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal
A-
A+

A Concellaría de Vías e Obras, que dirixe Jesús Salgueiro, continua coas tarefas de mellora nos camiños das zonas rurais do municipio. Nesta ocasión, os traballos de adecuación centráronse na parroquia de Zapa en Chaín, coa reparación das cunetas da zona que conducirán as augas pluviais e residuais.

Así, o Concello de Gondomar responde ás demandas dos veciños das parroquias de Chaín que reclamaban unha mellora dos seus camiños debido ao mal estado destes. Deste xeito, e grazas ás medidas tomadas dende o Concello están a mellorarse as comunicacións dos veciños e veciñas, así como a súa seguridade vial.

9 de abril de 2013 | 16:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.