Verín e Chaves inauguran o servizo de asesoramento EURES transfronteirizo na sede da Eurocidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVerín
A-
A+

A sede da Eurocidade Chaves-Verín (antiga aduana de Feces de Abaixo) acolleu, na mañá de hoxe, a sinatura do convenio de colaboración con ACISAT (Associação Empresarial do Alto Tâmega) para a posta en funcionamento do servizo de asesoramento EURES transfronteirizo na sede da Eurocidade.

Devandita sinatura, na que participaron o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, o vice-presidente do Município de Chaves,  António Cabeleira, o presidente da dirección de ACISAT,  João Miranda Rua, e a coordenadora EURES Transfronteirizo Norte Portugal-Galicia, Teresa González Ventín, permitirá que os/as verinenses e flavienses dispoñan na sede da Eurocidade dun conselleiro desta rede europea de servizos de emprego, e así solucionar cuestións que teñan no ámbito da mobilidade dos/as traballadores/as a nivel transnacional e transfronteirizo, información e apoio na busca de emprego promovendo o contacto entre candidatos e empregadores/as fóra do país, ou principais barreiras no ámbito do emprego intracomunitario, entre outras.

Grazas a este convenio, ACISAT ampliará os servizos EURES Transfronteirizo Norte Portugal-Galicia á Eurocidade nos ámbitos de información, orientación e colocación, tanto aos/ás candidatos/as a emprego como aos/ás empregadores interesados no mercado de traballo europeo. Unha actuación lograda por dúas razóns: unha aséntase nun dos obxectivos da ACISAT  que é a colaboración coa administración pública na definición de coordenadas da política socioeconómica en materia de relacións de traballo, formación profesional e seguridade social; e a segunda, é que tanto Chaves como Verín apostaron polo desenvolvemento dun modelo de cooperación transfronteiriza de segunda xeración que reforce a cohesión económica e social, mellore a calidade de vida dos/as seus/súas veciños/as e aumente a atracción desta zona como destinataria de inversións e creación de emprego. “Na Eurocidade se está a producir un incremento da mobilidade de emprego transfronteirizo, resultante das interrelacións entre os dous da fronteira, así como da ampliación da área de influencia por quen está á procura de oportunidades laborais”, subliñou o rexedor verinense, “por este motivo queremos facilitar os recursos necesarios aos nosos veciños para impulsar devandita mobilidade, e esta iniciativa será unha plataforma de información e orientación de carácter relevante”. Para o vicepresidente flaviense, António Cabeleira, “a Eurocidade debería ser vista polos gobernos centrais dos dous países como un verdadeiro espazo de cidadanía, unha zona franca social, onde houbese total mobilidade no exercicio e acceso aos servizos”

Como consecuencia do mesmo, que terá un ano de vigor (renovable de modo automático) dúas veces ao mes o conselleiro EURES de ACISAT desprazarase ata a sede da Eurocidade Chaves-Verín, co obxecto de prestar os servizos básicos EURES de información, orientación e colocación. “As Eurocidades, especialmente a de Chaves e Verín, son uns bos laboratorios e plataformas para o lanzamento de proxectos de integración dos seus cidadáns porque nestas dúas cidades, que conviven desde fai tantos anos, existe unha real convivencia social, económica e poboacional; e que permiten comprobar se o que se lexisla funciona ou non, e así seguir a realizar propostas para que exista esa integración real da poboación”, subliñou Teresa González Ventín.

Esta sinatura tivo lugar antes do Encontro ‘A Mobilidade de Traballadores entre Galicia e Portugal: oportunidades, obstáculos e desafíos’, organizado por ACISAT e Eurocidade Chaves-Verín, coa colaboración do EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal. Durante este encontro analizouse por parte dos axentes de emprego e formación de Verín e Chaves (como directores de oficinas de emprego, seguridade social ou facenda, axentes de desenvolvemento local, sindicatos, asociacións de comerciantes, empresarios ou sector educativo), a mobilidade de traballadores/as entre Galicia e Portugal, as oportunidades, obstáculos e desafíos que se plantexan neste ámbito.

16 de abril de 2013 | 12:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.