Verín aforra un 60% no subministro eléctrico grazas o investimento da Xunta en materia enerxética

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVerín
A-
A+

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe Verín para amosar a importancia de promover accións de aforro e eficiencia enerxética dos municipios galegos, que supoñen importantes aforros no custo da factura contribuíndo á mellora da súa situación financeira, e apuntar que o goberno autonómico leva  investidos en Verín máis de 260.000 euros a través do programa de axudas para Iluminación Pública Exterior e do Fondo de Compensación Ambiental, o que lle permite acadar “aforros económicos e enerxéticos superiores ao 60% nas zonas beneficiadas”.

Nesta visita, na que estivo acompañado polo rexedor Juan Manuel Jiménez Morán, o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, o delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez, e membros da corporación municipal, Conde recordou que está aberta unha nova convocatoria deste programa de axudas promovido polo Inega, que conta con 3,6 millóns de euros –un 50% máis que o ano anterior- para a substitución de luminarias por outras máis eficientes, e que a través desta liña “impulsarase a posta en marcha de medidas de aforro enerxético nun centenar de municipios galegos, que contarán cunha contía máxima da axuda do 70% do investimento”.

8 de abril de 2013 | 12:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.