V Festival de Teatro Escolar de Palas de Rei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalPalas de Rei
A-
A+

Este sábado, día 13 de abril celebrarase o V Festival de Teatro Escolar de Palas de Rei.  Este evento está organizado polo Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei en colaboración con Metátese Teatro, Alentía Teatro e a Asociación Os Lobos e achegará alumnado de catro Aulas de Teatro de Galicia (Touro, A Estrada, Laxe e Palas.). Ao longo do día pasarán polo escenario da Casa de Cultura de Palas de Rei máis de 150 alumnos/-as destas localidades.

O programa de actividades desta xornada será o seguinte:

12:00 h: A Aula de Teatro do C.P.I. de Touro e a Aula de Teatro do I.E.S. Antón Losada Diéguez da Estrada, Avelaíñas Teatro presentan no Salón de Actos da Casa de Cultura NO MUNDO DA FANTASÍA. (Obra especialmente recomendada para público infantil e familiar.)

14:00 h: Comida  de confraternización na área recreativa dos Chacotes.

16:00 h: Roteiro teatral polo Castelo de Pambre e arredores.

19:00 h: A Escola Municipal de Teatro de Laxe e o Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei presentan no Salón de Actos da Casa de Cultura FICCIÓNS.

Ao longo da obra os actores e actrices a través do xogo achegarán aos espectadores/-as a maxia, a ledicia e a fantasía que proporciona o teatro.

Os actores e actrices accionarán a panca da metaficción e traslarán ao espectador/-a  a un heteroxéneo universo literario que bebe da obra de Neira Vilas, Celso Emilio Ferreiro, Joaquim Murale, Castelao, Núñez Singala, Rosalía de Castro, Albert Camus, Osvaldo Dragún, etc.

Trátase dun divertido xogo onde a imaxinación xoga un papel chave, un alegato emotivo das inquedanzas do mundo adolescente que reterá a ollada curiosa  durante o espectáculo e unha reivindicación do teatro como luz, movemento, son, música, ritmo, emoción, poesía…

Este espectáculo do Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei percorrerá os seguintes escenarios.

1.- Martes, 16 de abril: Na Biblioteca do CEIP de Palas de Rei. O alumnado de Educación Infantil e Primaria deste centro realizará unha actividade de animación á lectura na biblioteca do Colexio de Educación Infantil e Primaria de Palas de Rei.

2.- Sábado, 27 de abril: Participarán no Festival de Teatro Escolar  da Estrada, que inclúe un  roteiro teatral pola “Fervenza” de Ouzande e unha actuación no Teatro Principal da Estrada.

3.- Sábado, 11 de maio: Actuará no VI Festival de Teatro Escolar de Touro, que inclúe un roteiro polo Pazo de Andeade.

4.- Martes, 14 de maio: Actuación no CEIP de Palas de Rei na semana das Letras Galegas.

5.- Entre os días 15 e 19 de maio realizarán unha viaxe a Portugal, Estremadura e Madrid coa Aula de Teatro do C.P.I. de Touro; A Aula de Teatro do I.E.S. Antón Losada Diéguez da Estrada e a Escola Municipal de Teatro de Laxe.

O programa desta viaxe é o seguinte:

DÍA 15 DE MAIO:

-Actuación conxunta no Auditorio da Universidade de Chaves (UTAD.).

-Visita á UTAD e Chaves.

-Actuación ás 21:00 horas no Auditorio de Idanha A Nova.

DÍA 16 DE MAIO:

-Realizará unha actividade de animación á lectura no Centro Cultural Raiano de Idanha A Nova para o alumnado do Instituto de Ensino Secundario.

-Participará nun roteiro teatral polas localidades de Idanha A Velha, Monsanto e Penha Garcia.

DÍA 17 DE MAIO:

-Actuación na Sala Trajano de Mérida para alumnado de Educación Secundaria.

-Visita a Mérida e actuación no Teatro romano de Mérida.

DÍA 18 DE MAIO:

-Actuación na entrega de Premios do Festival de Teatro de Navalmoral de la Mata.

DÍA 19 DE MAIO:

-Visita a Madrid.

-Regreso.

6.- Sábado, 2 de xuño: Actuación conxunta dos catro grupos no V Festival TEATRAPA de Laxe e no roteiro teatral pola praia de Laxe, praia dos cristais, faro, etc.

7.- Xoves, 22 de agosto: Actuación no XIV Mostra Internacional de Teatro Amador de Palas de Rei, Teatro no Camiño de Santiago.

11 de abril de 2013 | 12:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.