Urbanismo recorda aos veciños a obriga de desbrozar a maleza existente nos terreos antes de xullo
Urbanismo recorda aos veciños titulares de terreos a obriga de desbrozar a maleza existente nestas antes do 30 de xuño. O departamento que dirixe Rocio Vila fai un chamamento público para recordar aos veciños a obrigatoriedade de manter libres de maleza os soares e terreos que están próximos a masas arbóreas Ruales así como ao lado de vivendas ou inmobles públicos e privados.
Coa medida pretende evitar que se orixinen incendios durante a época estival. Vina recorda aos propietarios destes terreos que en caso de non desbrozar a maleza lles serán aplicadas as medidas que contempla a Xunta de Galicia en materia de incendios forestais.
A edil popular recorda a normativa autonómica en materia de incendios forestais e advirte de que se tomarán medidas no caso de que estes terreos non se limpen e supoñan unha ameaza de incendio de cara a época estival. A normativa especifica que: “Non suposto de incumprimento do disposto non número anterior, vos entes locais, poderán notificar, de oficio ou a instancia de parte, ás persoas responsables a súa obriga de xestionar a biomasa vexetal, advertíndolles dá posibilidade de execución subsidiaria non caso de incumprimento e sen perxuizo dá instrución do procedemento sancionador que correspondese e dá aplicación de multas coercitivas, non seu caso”.
Regulación da norma:
O artigo 21.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril de prevención e defensa contra os incendios forestáis de Galicia establece que nos espacios previamente definidos como redes secundarias de faixas de xestión de biomasa nos plans municipais de prevención e defensa contra os incendios forestais, será obligatorio para as persoas responsables, nos termos establecidos no artigo 21 ter da presente lei, xestionar a biomasa vexetal nunha franxa de 50 metros perimetral ao solo urbán, de núcleo rural e urbanizable delimitado, así como arredor de edificacións, vivendas illadas e urbanizacións, depósitos de basura, parques e instalacións industriais, ubicadas a menos de 400 metros do monte, de acordo cos criterios para a xestión da biomasa estipulados na presente lei e na súa normativa de desenrolo. Ademáis, nos primeiros 30 metros non poderá haber as especies sinaladas na disposición adicional terceira desta lei.
3. A xestión da biomasa e a retirada de especies da disposición adicional terceira nas faixas de protección a que se refire este artigo, nas edificacións e instalacións construidas sen licenza municipal ou incumprindo os termos do proxecto que obtivese licenza darán dereito a unha indemnización polos danos e perxuizos que pudiera ocasionar, así como ao lucro cesante, a cargo das persoas propietarias dos terreos edificados e a favor do propietario das especies afectadas.
Asimesmo, a xestión da biomasa será realizada pola persoa propietaria dos terreos edificados, para o cal disporá dunha servidume de paso forzosa para acceder á faixa establecida. Este acceso farase durante o tempo estrictamente necesario para o cometido de xestión da biomasa, e polo punto menos perxudicial ou incómodo para os terreos gravados e, de ser compatible, polo máis conveniente para o beneficiario.
A retirada das especies arbóreas será realizada polo propietario das mesmas.
O artigo 22 da citada lei establece que as persoas físicas ou xurídicas responsables procederán á execución da xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa antes do 30 de xuño de cada ano e con arreglo aos criterios establecidos por orde da consellería competente en materia forestal.
No suposto de incumprimento do disposto no número anterior, os entes locais, poderán notificar, de oficio ou a instancia de parte, ás persoas responsables a súa obriga de xestionar a biomasa vegetal, advertíndolles da posibilidade de execución subsidiaria no caso de incumprimento e sen perxuizo da instrucción do procedemento sancionador que correspondese e da aplicación de multas coercitivas, no seu caso.
Se no prazo máximo de quince días naturais os citados titulares non acometesen a xestión da biomasa, as citadas administracións públicas, con arreglo ás atribucións competenciais definidas con anterioridade, poderán proceder á execución subsidiaria dos traballos de xestión de biomasa, repercutindo os costes ás persoas responsables.
No caso de execución subsidiaria, as persoas responsables están obrigadas a facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requerirán de ningunha autorización para a súa execución.
De acordo coa Disposición Adicional terceira da citada lei, en tanto non se definan as redes secundarias de faixas de xestión da biomasa nos plans municipais de prevención e defensa contra os incendios forestais, serán de directa aplicación as obligacións derivadas do disposto no artigo 21.











