Unha tapa, un sorriso… unha ilusión para Carlos
O Concello de Salvaterra de Miño e o Banco de Tapóns do Baixo Miño fan un chamamento, a todos aqueles que queiran colaboran con eles, na recollida de tapóns para Carlos, un veciño de Salvaterra, da parroquia de Oleiros que sufre Leucomalacia Periventricular e cegueira por desprendemento de retina.
A súa familia, na busca dunha mellora na súa calidade de vida, necesita un andador especial que lle axudará a suxeirar e correxir a súa postura. Polo que piden a colaboración de todos con algo tan sinxelo como é a recollida de tapas e tapóns de plástico, depositandoos nos locales colaboradores.
De ante man damos as gracias a todos por colaborar nesta gran iniciativa, que para nos non custa nada pero que para Carlitos significa moito.
Ademáis ao longo destes meses levaranse a cabo diversas actividades co fin de axudar na recaudación dos cartos necesarios para o andador especial.











