Unha marcha ciclista ao longo de Ourense reivindicará o emprego da bicicleta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalOurense
A-
A+

Con motivo da celebración do Día Internacional da Bicicleta, mañá venres 19 de abril, a cidade de Ourense acollerá unha marcha ciclista, aberta á participación de todo aquel que o desexe. Con saída e chegada na Praza Maior, e percorrido duns 10 km., incluirá varias rúas do Casco Histórico, o centro da cidade e o barrio da Ponte, ademáis de zonas limítrofes co río Miño.

O obxectivo da marcha é fomentar o emprego da bicicleta e reivindicala como medio de transporte silencioso, limpo, asequible e sostible, así como unha ferramenta de mobilidade alternativa a coche e moto en desprazamentos curtos, diversas rúas de Ourense acollerán mañá unha marcha ciclista.

A actividade está organizada polas asociacións Bilúrico, Xeitura e Mobiliza, en colaboración co Concello de Ourense.

18 de abril de 2013 | 15:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.