Un día no Parque A Canuda con Carlitos en Salvaterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalSalvaterra de Miño
A-
A+

26042013-13Dentro da campaña solidaria iniciada para recadar o diñeiro necesario para o andador de Carlitos, informamos da próxima actividade que levaremos a cabo, contando coa solidariedade e axuda de moitísima xente, a cal de antemán queremos darlles as gracias, ao Concello de Salvaterra, a Chocolates Antoxo, Marga de Sen Pelos na Lengua, ESPS (escola europea parasanitaria), a Banda de Música de Salvaterra, ao Grupo de Baile e de Gaitas Pontenova, as persoas que van participar nos talleres e xogos populares, a Abril Publicidade pero non só a eles, senón tamén a todos aqueles particulares e asociacións que se están dirixindo a nós con propostas e axuda, gracias de todo corazón.

Pois como íamos dicindo, o seguinte acto solidario enmárcase no Parque Público A Canuda onde celebraremos ” Un día no parque con Carlitos”, un día cheo de actividades, xogos e alegría onde todos os que queiran participar teñen as portas abertas, esperámosvos non faltedes.

26 de abril de 2013 | 16:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.